Biografía

SEGUNDO VILABOY MARTÍNEZ (1918-1947)


- Nado en Ferrol o día 28 de novembro do 1918.

- Fillo de Ramón e de María Juana.

- Solteiro.

- Residente na rúa Ánimas nº 71 de Ferrol.

- “Plomero de tubo” en Construcciones Navales Militares de Ferrol.

- Data de ingreso na empresa: 27 de xaneiro de 1941.

- Secretario Político do comité ferrolán do Partido Comunista, nome de guerra “Villa”.

- Data de baixa na empresa: 17 de abril de 1947 por faltas de asistencia sen xustificar.

- Fuxido á guerrilla o 31 de xaneiro de 1947: destacamento Manuel Eibe da IVª Agrupación Pasionaria do Ejército Guerrillero de Galicia.

- Despois dun tiroteo Segundo Vilaboy foi capturado pola G. Civil o 26 de maio do 1947 na coñecida como “Casa de Delfino”, preto do río Belelle, no lugar de Taboada, na parroquia de Sillobre(Fene). A casa era a residencia de Aurora Frutos Sánchez “Coloma” (tamén detida ese día) e de José María Saavedra Díaz quen fuxíra en 1946 e loitaba na IIª Agrupación Guerrilleira (Ourense) ata ser capturado e executado no cárcere de A Coruña o 23 de xullo de 1949.

- Segundo Vilaboy estaba armado cun mosquetón “mauser” (que tiña gravada na culata en baixo relevo a estrela de cinco puntas e na parte central desta a fouce e o martelo cruzados, todo con fondo vermello), unha granada “Lafitte” e unha pistola “JO.LO.AR.” de calibre 9mm curto, coa que fixera sete disparos.

- No tiroteo Segundo Vilaboy fora ferido grave por un disparo na cabeza, bala de calibre 9mm longo.

- Segundo Vilaboy foi ingresado ese día 26 de maio no Hospital de Mariña de Ferrol, onde foi operado.

- Segundo Vilaboy foi interrogado o 29 de maio do 1947, no propio Hospital de Mariña.

- Descrición policial de Segundo Vilaboy con data 10 de xullo de 1947: "Pelo castaño, ojos al pelo, nariz aguileña, boca regular, barba poblada, frente despejada, estatura regular".

- Comezando agosto de 1947, o fenés “Chanqueiro” (enlace da guerrilla) preparou cun automóbil e un fusil ametrallador un rescate que non se realizou por negarse Segundo Vilaboy.

- Alta médica de Segundo Vilaboy no Hospital de Mariña de Ferrol o día 9 de agosto de 1947.

- Segundo Vilaboy foi trasladado ao cárcere de Ferrol o día 14 de agosto de 1947.

- Por orde do xuíz militar Segundo Vilaboy foi entregado á G. Civil o día 19 de agosto de 1947.

- Sometido a Consello de Guerra Sumarísimo os días 30 e 31 de outubro de 1947.

- Sentencia: pena de morte para Segundo Vilaboy por rebelión militar con agravantes. Seis anos a Aurora Frutos por auxilio, pena que cumpriu no cárcere de Segovia, saíndo en 1950.

- O 17 de decembro do 1947 Segundo Vilaboy redactou unha carta que foi publicada por primeira vez no forzosamente clandestino MUNDO OBRERO o 15 de xaneiro de 1948.

- Ás seis horas do 19 de decembro do 1947 Segundo Vilaboy Martínez foi executado por garrote no cárcere del partido, rúa da Muralla de Ferrol.

- Foi enterrado ese mesmo día no cemiterio de Catabois de Ferrol, cadro 352, fila 4.

Información extraída fundamentalmente das Causas nº 270/47-274/47-476/47-493/47 (Archivo Mlilitar del Noroeste, Ferrol), recollidas no libro “Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra. Ferrol. 1936-1975”. Bernardo Máiz Vázquez. Ed. A Nosa Terra, 2004.


Documentación elaborada e achegada polo historiador Bernardo Máiz Vázquez